O vindeiro domingo 26 de maio, no Campo de Santa Lucía (Asados), celebrarase o primeiro adestramento de rugby inclusivo do Barbanza Rugby Clube, en colaboración con dúas entidades solidarias da nosa comarca (Amicos e Ambar), co Concello e máis coa a Comunidade de Montes de Asados.
Ademais dos xogadores, participarán membros das comunidades da Asociación Amicos e da Asociación Ambar, así como calquera persoa que se achegue e lle apeteza probar.
O evento conta co patrocinio de La Pepita, da Clínica Dental Mares e da empresa pobrense CONGALSA.




