
A confraría de Noia prepárase para sementar cría de ameixa, de berberecho e de ostra que cultivan eles mesmos nun criadeiro en Outes: unha granxa de marisco.
Collen exemplares na ría, fan que teñan cría, engórdanos en piscinas e logo seméntano nas praias. Hoxe visitamos ese criadeiro.
Para darlles de comer, na confraría cultivan as súas propias algas microscópicas.
Primeiro en botes pequenos. Logo, cada vez máis grandes. Á semente, cando teñen varios meses, xa a alimentan en piscinas.
Ao medraren os exemplares ata varios milímetros, nalgúns casos ao cumpriren un ano, xa poden sementar nas praias e esperar a que chegue, xa na natureza, ao talle comercial.



