Muros clausura o obradoiro municipal de cociña (no que participaron 80 persoas)

28 Maio 2024

O Concello de Muros clausurou este 28 de maio o seu obradoiro municipal de cociña, unha actividade que se celebrou no Mercado Municipal e na que participaron máis de 80 persoas.

Os participantes gozaron dunha degustación e da realización dun prato especial de sushi. A clausura contou coa presenza da alcaldesa, María Lago, e da concelleira de Cultura e Turismo, Caridad González.

“Esta actividade, cun gran éxito de asistencia, enmárcase dentro dos obradoiros culturais municipais que se desenvolven ao longo de todo o curso, fomentando a participación cidadá e a aprendizaxe gastronómica no noso concello”, asegurou Caridad González.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.