Mulleres en Acción convoca unha charla-coloquio este venres en Ribeira para abordar a cuestión da violencia de xénero e a discapacidade

09 Maio 2024

Mulleres en Acción (Asociación de Mulleres do Barbanza) organiza esta semana unha nova actividade divulgativa para loitar pola igualdade e contra as agresións machistas, concretamente unha charla-coloquio. Este venres 10 de maio, a psicóloga Beatriz Guerra abordará a temática da violencia de xénero e discapacidade.

Tocará cuestións como os recursos dos que se pode botar man para mellorar a axuda e orientación de forma acaída; a importancia de que se coñezan todos os medios; a realidade das mulleres con discapacidade que, tamén, sofren violencia de xénero; e como as agresións machistas poden derivar en discapacidade, tipo mental ou tipo psíquica. A cita será como dixemos este venres ás 19.30 horas no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.