O martes chega unha fronte pouco activa. Entrará pola costa ao longo da mañá con chuvascos febles, en xeral, algo máis activos pola tarde na fachada atlántica. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará do oeste-suroeste moderado durante a tarde no litoral.

O noso mar: Vento do oeste á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



