Todo español con dereito a voto pode executar o mesmo, algo que, sen embargo, non poden exercer moitos profesionais do mar tanto da Mariña Mercante como da Pesca, porque o feito de votar non sempre está ao seu alcance, agás no caso da Armada.
Das cinco últimas citas electorais en España (xerais, galegas, bascas, cataláns e europeas) só estas últimas estaban previstas e, sabéndoo, a xente de mar poideron botar as súas contas e … pouco máis: unha outra vez non poideron cumprir con ese seu dereito de elixir a quen os representaría nas Cortes Xerais e nos concellos, así como nas comunidades autónomas, porque, novamente, moitos mariños foron marxinados pola inexistencia dun sistema que lles permitise emitir o voto con máis ou menos garantías: os embarcados. Estes, no caso de non ter feita a previsión necesaria e facer uso do voto por correo, perde ese dereito citado que corresponde a todos os cidadáns españois con idade para votar e capacidade para elixir.
Un adianto nas datas previstas para as eleccións significa, en gran número de casos, a perda dun dereito cidadán para un mariño mercante ou pescador embarcado. Non así para un membro da Armada española, que pode votar no seu buque cando, nas mesmas circunstancias, os mercantes ou pescadores non poden facelo.
O persoal embarcado en buques españois que deba permanecer no barco dende a convocatoria das elecións ata a súa celebración, debe solicitar o certificado de inscriciòn no censo electoral e a documentación para exercer o dereito de sufraxio á delegación provincial da Oficina do Ceno EDlectorsl onde o elector/a estea inscrito. Comprobada nesa oficina a inscrición do interesado/a, enviará por correo urxente certificado a documentación electoral á mesa na que lle corresponda votar. O armador ou consignatario do buque ou ben a citada ofivina, considerará como recibida a solicitude e remitirá a documentación a porto, trámites que aínda obstaculizan máis o obxectivo do marileiro de proceder ao voto.
O vindeiro 9 de xuño é o fixado para elixirmos a Europa que queremos para os pròximis anos, pero unha vez máis o persoal do mar atópase con eses atrancos que, nunha nova ocasión, impiden que os dereitos que, como cidadáns españois lles corresponden, sexan vuknerados deixando ao sector do mar en franca minuvalía a respecto de persoal de terra.
Der nada serviron ata o de agora as reclasmsviòns exercidas polas organizacions ,profesionais do mar, de xeito reiterativo AETINAPE , que conviocatoria tras convocatoria electota,, ven demandando una soluciònm a este problma, que non chega. Tampouco nesta ocasión, e sen ningún tipo de explicaciòn.



