Co comezo da semana amenceremos con nebulosidade baixa que se irá retirando e os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados, con intervalos de nubes altas que non impedirán o paso do sol. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas experimentarán un ascenso, entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte, con intervalos de moderado nas Rías Baixas.

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



