Licitada por 1,4 millóns de euros a nova resonancia magnética do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo

22 Maio 2024

O Servizo Galego de Saúde publica no portal de contratación da Xunta a licitación, por importe de1.476.200 euros, para o subministro dunha resonancia magnética 1,5T con destino ao Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

A nova resonancia sitúase dentro da banda tecnolóxica avanzada, ao contar cunha intensidade de campo de 1,5 teslas e ao estar dotada con ferramentas avanzadas que permitirán realizar uns estudos e imaxes con maior rapidez e resolución.

O equipo, malia que se empregará para todo tipo de exploracións rutineiras dos pacientes da área sanitaria de Santiago e Barbanza, centrarase no diagnóstico e seguimento dos pacientes oncolóxicos, así como nas exploracións vinculadas ao músculo esquelético.

A compra deste equipamento precisará da execución dunha serie de obras para acondicionar o espazo no que se instalará, nas que a Xunta investirá 383.270 euros. No seu conxunto, a actuación de mellora suporá un investimento 1.859.470 euros.

A Xunta segue a avanzar no plan de renovación e modernización do equipamento nos centros sanitarios co obxectivo de optimizar a calidade asistencial que o Servizo Galego de Saúde lle ofrece á poboación galega. A previsión é que o novo equipamento estea instalado no hospital antes de que remate o ano.

Estímase que o número de estudos anuais que se poderán facer con esta nova resonancia magnética superará a cifra das 5.000 ao ano, posibilitando incrementar as probas anuais nun 20 %, en comparación co equipamento que posúe actualmente o Hospital de Conxo.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.