Investigado un veciño de Rois polo incendio de abril que arrasou 130 hectáreas

25 Maio 2024


O Equipo de Protección da Natureza (Eprona) da Garda Civil da Coruña, en colaboración coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Dirección Xeral de Defensa do Monte da Xunta de Galicia, investigaron a un home como presunto autor dun delito de incendio forestal no termo municipal de Rois (A Coruña), no marco da ‘Operación Beltane’.

Dita operación iniciouse por mor do incendio rexistrado o pasado 22 de abril nos montes da Pereira, na parroquia de Herbogo, estendéndose ás localidades Silvarredonda, Fufelo e Ou Faro na parroquia de Buxán, afectando a un total de 130 hectáreas, a maioría de arboledo e creando unha gran alarma social pola súa proximidade ás zonas habitadas destas poboacións.

O incendio, segundo indican os investigadores, produciuse nun momento no que as condicións climatolóxicas incrementaban notablemente o risco de propagación do mesmo, sendo a previsión do Índice Diario de Risco de Incendio(IRDI) maior ao 81%, o que supoñía un risco extremo.

O forte vento provocou que o incendio se propagase con gran virulencia e rapidez, xerando varios focos secundarios pola propagación das pavesas, o que conlevou a actuación de numerosos efectivos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF), medios terrestres, motobombas e pas escavadoras aéreos, helicópteros e hidroavións, para a súa extinción, que se logrou dous días despois de suinicio.

Tras recompilar as probas que conduciron á súa identificación, este veciño de Rois foi investigado como presunto autor do lume.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.