Excarcerada unha persoa que fora atrapada por un  motocultor no lugar de Asadelos, na parroquia de Asados, en Rianxo

10 Maio 2024

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro, recibiron unha chamada ás 20:22 horas da tarde de onte, xoves 9 de maio, alertando de que unha persoa resultara atrapada por un motocultor co que estaba a traballar no lugar de Asadelos, na parroquia rianxeira de Asados.

Á chegada ao lugar, a persoa ferida atopábase consciente e coa perna esquerda atrapada polas láminas do apeiro. Mentres chegaban ao lugar as asistencias sanitarias, os bombeiros desprazados, tanto dos parques de Boiro como de Ribeira, retiraron as láminas metálicas para comprobar o estado da perna. Ademais, tamén se retirou parte do pechado de madeira para incrementar o acceso ao lugar.

Unha vez chegado o persoal sanitario, procedeuse á sedación da persoa ferida para poder liberar por completo a perna atrapada e trasladar a persoa ata a ambulancia.

No operativo participaron tamén a Policía Local de Rianxo, o 061, bombeiros de Ribeira e voluntarios de Protección Civil de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.