Este xoves as Xornadas de Información Sanitaria de Outes poñen o foco na saúde mental

27 Maio 2024

Esta semana proseguen as actividades da nova edición (a número XVIII) das Xornadas Sociosanitarias de Outes e das III Xornadas do Programa Universitario de Maiores (IV Ciclo da Universidade de Santiago). A nova sesión será este xoves 30 de maimo, ás 18.30 horas, na Casa da Cultura municipal.

A sesión, centrada en achegar recursos para mellorar a nosa calidade de vida e facilitarnos a identificar recursos que nos sirvan de apoio para o noso día a día, desenvolverase baixo o epígrafe Saúde mental: Saber pedir axuda.

Será impartida pola doutora Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga do Complexo Hospitalario de Conxo (o Hospital Provincial de Santiago).

O ciclo está a ser coordinado por Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

A cita será novamente na Casa da Cultura da Serra de Outes.

As xornadas veñen da man do Concello (Centro Social e Centro de Saúde), a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatria, a USC, ADISBISMUR e a Asociación Cultural Terra de Outes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.