Este mércores abre o período de preinscrición para a Movida Urbana e o Son Concilia (Porto do Son)

27 Maio 2024

Os programas Movida Urbana e Son Concilia 2024, impulsados polo Concello de Porto do Son para achegar ás familias unha completa listaxe de actividades de conciliación durante a tempada de verán, van abrir nesta recta final de maio o seu prazo de inscrición, concretamente este mércores 29 ás 9.00 horas (só serán validas as preinscricións que se realicen dende o mércores 29 ás 9.00 horas).

O programa Movida Urbana celebrarase en Porto do Son, Portosín e Xuño. Porase a disposición de rapazada de 3 aa 12 anos escolarizada en Infantil ou Primaria. Desenvolverase do 8 de xullo ao 14 de agosto.

O programa Son Concilia desenvolverase nas mesmas tres sedes que Movida Urbana: Porto do Son, Portosín e Xuño. Igualmente, poderán participar nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, escolarizadas/os en Infantil e Primaria.

1. Primeira quenda. Do 24 de xuño ao 5 de xullo. En horario de 8.00 a 14.00 horas. 80 euros por persoa.

2. Segunda quenda. Do 19 de agosto ao 30 de agosto. En horario de 8.00 a 14.00 horas. 80 euros por persoa.

3. Terceira quenda: do 2 de setembro ao 6 de setembro, en horario de 8.00 a 14.00 horas. 40 euros por persoa.

4. Servizo de madruga complementario á Movida Urbana. Do 8 de xullo ao 15 de agosto. De luns a xoves en horario de 8.00 a 10.00 horas. 55 euros por persoa.

5. Servizo de campamento os venres durante a época da Movida Urbana. Días 12, 19 e 26 de xullo, e días 2, 9 e 16 de agosto, de 8.00 a 14.00 horas. 60 euros por persoa.

Máis información en Somos Enredos SL, ocio e xestión de servizos a través do correo info@somosenredos.com ou o teléfono 633 845 708.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.