Este luns arrincaron os traballos de conservación do río Te desenvolvidos por Augas de Galicia en zonas interurbanas

27 Maio 2024

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, comezou a executar este luns 27 de maio actuacións de conservación e mantemento no río Te, no concello de Rianxo, nas zonas interurbanas do termo municipal. As tarefas programadas comezarán nun treito de preto de 7 quilómetros que transcorre entre as parroquias de Santa Baia do Araño (onde máis adiante actuarase tamén nun tramo de algo máis dun quilómetro no rego do Batán), Santa María de Asados e San Salvador de Taragoña.

Os traballos consisten na retirada de árbores e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos así como en labores de roza selectiva de arbustos co fin de “reducir a súa competencia coas especies arbóreas propias do bosque de ribeira”, informou Augas de Galicia, engadindo que as actuacións xa foron comunicadas ao Concello de Rianxo e “prolongaranse durante aproximadamente un mes e realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e rozadoiras co apoio de tractores e un camión”.

Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo de conca autonómico, este tramo do río Te quedará liberado de parte da maleza existente, “posibilitando así unha circulación fluída das súas augas”, sinalou que Augas de Galicia, que desenvolve este tipo de accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia Costa e nas súas zonas de acceso e protección. Neste caso trátase ademais do mantemento dunha zona catalogada como de alto risco potencial significativo de inundación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.