En Noia convocado para este 12 de maio un roteiro para coñecer as pegadas de Antón Avilés de Taramancos

07 Maio 2024

A área de Turismo do Concello de Noia organizou no marco do Maio das Letras unha actividade turístico-cultural e de ler que homenaxea ao senlleiro escritor local Antón Avilés de Taramancos ao tempo que reivindica os tesouros paisaxísticos e patrimoniais do concello.

Trátase da Ruta Antón Avilés de Taramancos, experiencia sensorial polo legado da súa vida, que está programada para o vindeiro 12 de maio a partir das 10.30 horas, con saída da praia do Testal, e que permitirá coñecer non só a contorna do dito areal e a aldea de Taramancos, de era natural o poeta, senón o propio centro histórico de Noia onde o autor de Cantos Caucanos rexentou a histórica Tasca Típica.

Tamén se inclúen na ruta visitas ao Museo das Laudas Gremiais e á Casa da Cultura.

O roteiro, dunhas tres horas aproximadamente, rematará na Alameda de Noia. Máis información e inscricións a través do teléfono 981 821 598 ou na conta turismoconcellodenoia@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.