Dos 71 novos contratos estábeis do SERGAS, 11 serán para Santiago e Barbanza

31 Maio 2024

O Diario Oficial de Galicia deste 31 de maio publica os detalles do segundo programa temporal para a transición xeracional do
persoal facultativo dos hospitais do Servizo Galego de Saúde, no que se inclúe a oferta de 71 contratos estábeis de tres anos de duración destinados ao persoal residente de 25 especialidades que este ano remata a súa formación especializada neses hospitais.

“Con este programa”, explica a Consellería de Sanidade, “dáse continuidade ao aprobado en maio de 2023 e impúlsase novamente a remuda xeracional do persoal médico dos hospitais galegos”.

Do total dos contratos, 10 son para a área sanitaria da Coruña e Cee; 9 para a de Ferrol; 11 para a de Santiago de Compostela e Barbanza; 13 para a de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 12 para a de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras; 8 para a de Pontevedra e O Salnés e 8 para a de Vigo.

Sanidade engade que “as prazas encádranse nas especialidades de cirurxía ortopédica e traumatoloxía, cirurxía pediátrica, cirurxía xeral e do aparello dixestivo, medicina intensiva, medicina interna, uroloxía, neurocirurxía, cardioloxía, oncoloxía médica, hematoloxía e hemoterapia, pediatría e súas áreas específicas, medicina preventiva e saúde pública, neumoloxía, anatomía patolóxica, microbioloxía e parasitoloxía, aparello dixestivo, nefroloxía, obstetricia e xinecoloxía, anestesioloxía e reanimación, análises clínicas e neuroloxía”.

Como novidade respecto ao do ano anterior, este programa executarase en dúas fases e mediante dous prazos de presentación de solicitudes. O persoal residente que finalizou o seu período formativo de cinco anos este mes de maio poderá presentar a súa solicitude ata o 7 de xuño. O persoal que, polo atraso xerado pola pandemia, iniciou en setembro de 2020 a formación nas especialidades de catro anos de duración, poderá presentar a súa solicitude entre o 17 e o 30 setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.