Danse a coñecer as obras premiadas do concurso de carteis das xornadas “Muros Mira ao Mar”

10 Maio 2024

O Concello de Muros fixo públicos os resultados do concurso de carteis das XIX Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar. A concelleira de Cultura, Caridad González, deu os parabéns a todo o alumnado participante “pola súa creatividade e esforzo”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Muros, María Lago, agradeceu “aos centros educativos municipais toda a súa colaboración neste concurso”.

O cartel gañador no ciclo de Educación Infantil foi A mares, do 4º curso de Educación Infantil do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez.

No ciclo de Educación Primaria, o cartel gañador foi O salto de Manoliño, de Julia Monteagudo Gallardo, Leire Piñeiro París e Martina Rodríguez Nieto, do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío.

O cartel gañador no ciclo de Educación Secundaria foi O mar a través dunha fiestra, de Ainhoa Morillo Vázquez e Julia Rodríguez Rey, do IES As Insuas.

Por último, o cartel gañador e anunciador das XIX Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar é O salto de Manoliño, de Julia Monteagudo Gallardo, Leire Piñeiro París e Martina Rodríguez Nieto, do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.