“Cuestión de fe”. Luís Celeiro

24 Maio 2024


O cura da miña parroquia morreu hai moitos anos, moitos máis dos que parece, di Florinda
do Cereixo. Morreu, foise e ninguén sabe se volverá. Ninguén sabe nada. Era corpulento e
graúdo home de ben. Ría e cantaba e, se era o caso, bailaba e pretendía coa máis elegante
da ruada. Falaba en latín, confesaba aos fregueses e cantaba os responsos ao son da gaita
de fol, cun fol de coiro de cabra vella ou de cabrita nova. Na parroquia vive a memoria súa e
a maioría dos poucos veciños que quedan lembran a don Basilio, como o cura verdadeiro,
como un home eficiente e cumpridor.
Daquela, os seminarios eran como casas de saber e para transmitir saberes, para espallar
coñecemento e formar a aqueles mozos aldeáns que querían andar polo mundo con soltura,
con liberdade e con sotana, con aquela vestimenta de cor negra que lles cubría o corpo de
arriba a abaixo, pero que nunca era quen de tapar a alma. No seminario estudaban aqueles
mozos valentes e, cando saían, abrían campos e exploraban mundos. Sabían moito máis do
que os cregos coidadores pensaban e, incluso, máis do que eles mesmos sospeitaban.
Eran fabricantes de teorías, de teoloxías, de compañías industriais e investigadores,
científicos e profesionais. Eran eles capaces de desfacer o ritmo da sociedade e adaptalo ao
que lle convén e lle interesa ao pobo, a ese pobo ao que pertencían. Pero agora non hai
curas, nin hai onde formarse para selo. Acabouse, como todo se acaba. Os curas xa son
homes normais e sen máis. Moitos deles, lectores deste xornal e amigos da Tía Manuela,
que anda polos despachos da curia como se fose amiga de todos eles.
A prensa publicaba recentemente un dato aportado pola Memoria Económica e de
Actividades da Igrexa en Galicia: Mil douscentos cregos en activo atenden a 3.644
parroquias. Ao parecer, en 2022 celebráronse máis de oito mil setecentos bautizos, cerca de
cinco mil confirmacións e algo máis de dez mil primeiras comuñóns. A uns parécenlles
poucas e outros pensan que abondan.
Na súa boa época, os curas paraban a xantar despois do enterro, ceaban antes do enterro e
andaban na corrobra. Agora non, non son capaces de atender unha parte do que beben
atender. Ao parecer, tamén rezan menos, pero fano coa mesma confianza e as mesmas
crenzas. Os cregos e os cidadáns saben (ou deben saber) que cando a confianza é plena, a
comunicación (aínda que sexa con Deus) é instantánea, sinxela e faise sen precisar esforzos
especiais. Así é, cadaquén que rece o que saiba!
Os curas non dan feito. Moitos deles van suados na bicicleta eléctrica, co esparadrapo, coas
luvas e o casco. Para chegar a tempo, os máis vocacionais, os que queren atendelo todo,
apuntaranse ás redes sociais e, a través de internet, administrarán a extrema unción. É cuestión
de fe

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...