Comisan máis de mil quilos de cocaína ocultos en froitas e zumes nos portos de Vigo e Sines

20 Maio 2024
Pantallazo extraído del vídeo de la Policia Nacional donde se aprecian diferentes tipos de melones y frutas tropicales con cocaína en su interior

Más de mil quilogramos de cocaína foron comisados nunha operación conxunta levada a cabo nos portos de Vigo e Sines (Portugal), segundo informou a Policía este luns. A operación resultou na detención de tres persoas.

A intervención comezou no porto de Vigo, onde os axentes inspeccionaron un contedor de froita dun barco procedente de Brasil. No seu interior, atoparon “melones sen pulpa recheos de cocaína”. Entre os 21 palets de melones, os axentes aduaneiros e policiais incautaron 490 quilos de cocaína escondidos en “bolsas esféricas de goma” dentro das froitas.

Este comiso foi posible grazas a unha investigación iniciada polas autoridades xudiciais lusas, que levaban meses seguindo a unha organización que introducía grandes cantidades de cocaína procedente de Sudamérica utilizando “eficaces métodos de ocultación” da droga.

Posteriormente, no porto de Sines, ao sur de Lisboa, as autoridades lusas lograron comisar 535 quilos de cocaína ocultos en envases de zumes. Nesta operación, tres persoas foron detidas en territorio portugués e xa foron postas ao dispor das autoridades xudiciais, quen ditou unha orde de prisión preventiva para un dos detidos.

Segundo o comunicado, a operación, na que participaron a Axencia Tributaria, a Policía Nacional e a Polícia Judiciária de Portugal, segue aberta en España e non se descartan novas detencións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.