“Cheira a queimado en Galicia e non é un incendio forestal”. Antón Luaces

30 Maio 2024

A escasos días da toma de posesión do novo goberno da Xunta de Galicia presidido por Alfonso Rueda, a titular da consellería do Medio Rural María José Gómez, exalcaldesa de Guntín, tivo que facer fronte a unha das grandes eivas desta Comunidade Autónoma: os incendios forestais que, nos primeiros catro días da semana que rematamos, queimaron preto de 300 hectáreas de monte e obrigaron á conselleira a remexer no substancial baúl dos recordos sobre por que arden os montes galegos.

Nese repaso ao que é a intrahistoria de Galicia nos últimos 70 anos sobre o que motiva a queima dos montes, concorda María José Gómez con todos os seus antecesores na Consellería do Medio Rural e a antiga Consellería de Agricultura e Montes: os lumes son provocados (polo ADN de Galicia).

Dende os tempos de Rosón como presidente da Xunta aos máis recentes de Fraga e Núñez Feijoo, sempre houbo “mans estranas”, pirómanos, persoas interesadas en provocar os lumes. É dicir, os incendios son provocados: inicialmente, polos contrabandistas de tabaco, aos que seguiron os narcotraficantes, os que políticamente tiraban réditos desas accións, ata chegar ao total clarexamento do asunto por parte da nova conselleira: que se queimen os montes “vai no ADN de Galicia”, dixo María José Gómez, quen avaliou a evolución nestes días dos incendios citados (o último, apagado o xoves pola tarde): a seca, o nordés, o vento… e agora, o ADN. Un factor, parece ser determinante, na queima de 260,5 hectáreas de monte entre os incendios de Crecente (Pontevedra), Trabada (Lugo), Oímbra (Ourense) e Entrimo (Ourense).

A valoración deste feitos pola conselleira, talvez chegou excesívamente pronto. Pillóuna con nula experiencia ao respecto da intencionalidade ou non dos incendios forestais e votou man do recurso de sempre, porque María Josè Gómez -de profesión profesora de secundaria na especialidade de inglés-  é moi probable que non tivera experiencia previa na toma de decisións para o tratamento das queimas de montes.

Se todo se amaña botando man do ADN de Galicia, xa temos un recurso ou remedio para dar solución á teima: introducir ese ADN en calquera dos encoros, ríos, lagoas, regachos, etc., que Galicia ten actualmente cheos a rebosar de auga, e afogalo para que nunca máis apareza en monte baixo ou monte arborado,  e deixe en paz os eucaliptos que ENCE ou ALTRI triturarán para facer pasta de celulosa nunha comunidade na que, antes,  se queimaba a roza para sementar trigo nos montes porque nas leiras eran o millo, o centeo e as patacas as sementes que primaban tanto para as persoas coma para o gando.

O descubremento do ADN de Galicia por parte da nova conselleira do Medio Rural, abre importantes expectativas de futuro de cara a rematar de vez cos incendios forestais. Un pequeno paso para o home, un  grande salto para a comunidade, rememorando a frase pronunciada por Neil Armstrong, o astronauta estadounidense que pisou a Lúa por vez primeira o 20 de xullo de 1969.

Canto nos queda por descubrir!…

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...