Chega o mensual de “Código Cero” revista de ciencia e tecnoloxía de Galicia, que acada o número 250

14 Maio 2024

Como todos os meses, chega outro número da nos revista Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á presenza na Rede de Luísa Villalta, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A Deputación da Coruña acada o aprobado en materia de ciberseguridade (ENS)
– O CITIC celebrou o Día da Ciencia na Rúa apostando firme polas tecnoloxías inclusivas
– Ricardo Cao recolle o Premio Nacional de Estatística concedido polo INE
– A RAGC e a UVigo homenaxean ao enxeñeiro José Pazos Arias
– O noso sector tecnolóxico xerou preto de 4.000 postos de traballo no último lustro
– Activada na Coruña a tarxeta Xente Nova no móbil
– O CPEIG distinguirá á AETD e a Cristina Vázquez (Teimas)
– Fernando Suárez (CPEIG) analiza o papel do galego na Intelixencia Artificial
– BFAero recoñecida como a mellor aceleradora avanzada de España no Funcas 2024
– Política Lingüística e Feiraco lanza unha nova edición do seu concurso de microrrelatos
– Sonia Méndez fálanos dun filme que aborda a hiperconectividade na mocidade
– Volve o Día das Rapazas nas TIC da man do CPEIG, o CESGA e o CiTIUS
– As empresas e as entidades galegas converten a innovación nunha constante
– Entrevistamos a Alba Meijide con motivo da posta en marcha de MD Boutique

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal rende homenaxe a Manuel Hermo Vidal

A homenaxe a Manuel Hermo Vidal tivo lugar o 16 de abril no salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal. Este acto institucional foi organizado para recoñecer a figura de Hermo Vidal, quen defendeu os valores democráticos nun momento crítico da historia. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivíasúa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,igual...