Boiro acolle o 15 de maio o II Campionato Barista de Colexios de Educación Especial

09 Maio 2024

O Concello de Boiro colabora coa celebración do II Campionato Barista de Colexios de Educación Especial que organiza o CEE Manuel López Navalón e que terá lugar o vindeiro 15 de maio no Pazo de Goiáns. O tenente de alcalde, Luís Ruiz, participou este xoves 9 de maio na presentación xunto con Alfonso Miguel Aguado, asesor barista Cafés Templo; e Juan Manuel Carracedo, secretario do CEE Manuel López Navalón.

Segundo explicaron, trátase dun campionato práctico que se celebra na especialidade de servizos de restauración dos programas formativos de centros de educación especial de todo Galicia.

“Estamos encantados de que se desenvolva no Pazo de Goiáns unha nova edición deste campionato que o ano pasado deixou moi boas sensacións”, afirmou o tenente de alcalde, Luis Ruiz.

Nesta edición van participar o CEE Manuel López Navalón de Santiago de Compostela, o CEE Maria Mariño da Coruña, o CEE Terras de Ferrol, o Cee Pontevedra e o CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos. “O obxectivo deste concurso é tamén dar visibilidade aos centros de educación especial e ao traballo que realizan día a día”, recoñeceu Juan Manuel Carracedo, secretario do CEE Manuel López Navalón.

A actividade terá lugar o vindeiro mércores 15 de maio no Pazo de Goiáns a partir das 10.45 horas e será retransmitido vía streaming pola canle de Café Templo e Baristas de Foz. Ademais do campionato, haberá obradoiros de galletas e cocteleira sen alcol para o alumnado dos centros asistentes.

O concurso vai consistir na elaboración de varios tipos de cafés por parellas, con 15 minutos de preparación e 15 de presentación. “Para Templo é un orgullo servir de apoio a escolas e centros de hostalería, ademais de colaborar nun proxecto que aposta pola inclusión, a creatividade e o traballo en equipo”, afirmou Alfonso Miguel Aguado, asesor barista de Cafés Templo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.