As augas da Pobra serán escenario da Regata Liga Norte Traiñeiriñas

02 Maio 2024

O remo non para na Pobra do Caramiñal. As augas da localidade acollerán a Regata Liga Norte Traiñeiriñas no sábado 4, a partir das 11.00 horas.

Tomarán parte as categorías cadete, xuvenil e absoluta, tanto feminina coma masculina, da provincia da Coruña.

O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, declarou que “continuamos vogando na contorna do noso peirao comercial cunha nova cita deportiva. O mes de abril estivo protagonizado polo remo con tres eventos de gran magnitude e agora dámoslle comezo a maio con outra regata.”

Organiza o Club Remo Puebla coa colaboración da Concellaría dos Deportes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.