Aprobada no pleno da Pobra a moción veciñal contra a ampliación de Escurís

31 Maio 2024

O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada deste 30 de maio a sesión ordinaria do pleno da Corporación. Acordouse alterar a orde do día para que a moción presentada pola veciñanza fose a primeira en debaterse. A sesión saldouse con importantes acordos, como por exemplo a aprobación da moción presentada polos veciños afectados pola ampliación da fábrica de Escurís (que presentaron un documento cun milleiro de sinaturas dando conta das molestias que segundo din lles causaría a ampliación na Baiuca, documento complementado co informe desfavorábel do Concello), o plan de medidas antifraude do Concello ou a moción do BNG para “eximir aos concellos e entidades sen ánimo de lucro do pago polo uso dos terreos portuarios”.

A orde do día foi, polo tanto, a que figura a seguir:

1. Moción presentada polos veciños, como representante Germán Fernández Villar sobre o proxecto de ampliación da fábrica Escurís. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

2. Dar conta de decretos da alcaldía e asuntos varios.

3. Aprobación do Plan de medidas antifraude do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada por unanimidade.

4. Moción do grupo municipal do BNG relativa á necesidade de modificar a Lei 6/2017, de Portos de Galiza, para eximir aos concellos e entidades sen ánimo de lucro do pago pola utilización de terreos portuarios. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

5. Moción do grupo municipal do BNG relativa ás actuacións de limpeza, mantemento, reparación e mellora da seguridade viaria na AC-305 ao seu paso polos concellos da comarca da Barbanza. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).

6. Moción do grupo municipal mixto (VIxP) para que a Xunta de Galicia cumpra as súas obrigas respecto ó mantemento da estación de autobuses na Pobra do Caramiñal. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).

7. Moción do grupo municipal do PP relativa ó estado no que se atopan as estradas municipais. Denegada ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VixP).

8. Moción do grupo municipal do PP relativa á actualización da ordenanza municipal de vehículos de tracción mecánica. Retirada a petición do propio grupo municipal do PP.

9. Rogos e preguntas.

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñíbel na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.