Acordo a iniciativa do BNG para esixir ao Estado que anule a concesión da AP-9, suprima as peaxes e impulse a transferencia

14 Maio 2024

O BNG propiciou este martes a unanimidade do Parlamento para reclamar ao Goberno do Estado que anule a prórroga na concesión da AP-9, unha reivindicación do nacionalismo galego que vén de antigo e que, segundo explicou a agrupación, tomou máis razón de ser despois de que a Comisión Europea abrise de novo un procedemento de infracción a España pola ampliación do prazo na concesión.

“Estamos diante dunha oportunidade de ouro para poñer fin á estafa das peaxes abusivas, e ao agravio que sofre Galiza en materia de autoestradas de peaxe, un agravio acrecentado polo veto das forzas do bipartidismo á transferencia da AP-9 a Galiza”, dise na iniciativa que defendeu Luís Bará, que saíu adiante cunha emenda presentada polo PP para eliminar do texto que a prórroga aprobada polo Goberno de Aznar no 2000 fora concedida “irregularmente”.  O BNG aceptou a emenda en “aras do consenso”.

Ademais da anulación da prórroga, o acordo en torno á iniciativa nacionalista inclúe tamén solicitar ao Estado que asuma a xestión directa da autoestrada e suprima as peaxes, e que impulse as transferencias da AP-9 a Galiza.

O Parlamento tamén insta á Xunta a ser parte deste procedemento encargando un estudo para explorar a mellor fórmula xurídica de cara a anular a prórroga “e avaliar os custes económicos que tería para o Estado asumir a xestión directa da autoestrada galega”.

Bará comezou lembrando os “días da infamia” en relación a AP-9, entre os que destacou o 5 de febreiro de 2000, “cando se publicou no BOE o enorme regalo do PP a AUDASA, agraciada entón coa ampliación da concesión por 25 anos, até o 2048”, sinalou, engadindo que “foi un agasallo multimillonario, de 9.500 millóns de euros estimados, cos correspondentes beneficios fiscais, e unha condena para as galegas e os galegos usuarios da AP-9”.

Segundo dixo, “José María Aznar, como presidente do Goberno do Estado; Arias Salgado, como ministro de Fomento; e Manuel Fraga, como presidente da Xunta foron os responsábeis daquela infamia, que se fixo aínda maior tres anos despois,  cando ENA, propietaria de AUDASA, foi vendida por 1.586 millóns de euros a un grupo de empresas liderados por SACYR, que dous anos fichou para o seu consello de administración a Arias Salgado”. E engadiu: “Isto non son portas xiratorias, isto é unha absoluta falta de ética e unha vergoña”. Tamén sinalou que “de non ser por aquela decisión, os galegos e as galegas terían deixado de pagar as peaxes abusivas o 18 de agosto do ano pasado, polo que o PP, ao que emprazou a pedir perdón aos galegos, non ten ningunha credibilidade nin autoridade moral cando fala da AP-9”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Los ministros del Gobierno no se entienden”. Arturo Maneiro

“Los ministros del Gobierno no se entienden”. Arturo Maneiro

En los últimos días, el Gobierno de coalición del PSOE y Sumar está pasando por su peor momento de desacuerdos y discrepancias legislativas que no parece que vayan a tener fin en el corto plazo. Es más, parecer un mal progresista y progresivo.La falta de acuerdos en...

“Un poeta llamado Sémper”. Xosé Antonio Perozo

“Un poeta llamado Sémper”. Xosé Antonio Perozo

El mimetismo positivo del correligionario con el líder es un fenómeno en desaparición. Puede ser debido a dos circunstancias. Una, la falta de carisma de la mayoría de los dirigentes políticos de nuestros días. Dos, la proliferación y diversificación de sus presencias...