A USC inicia contactos para desenvolver un plan que garanta a seguridade infraestrutural da Facultade de Xeografía e Historia

24 Maio 2024

O xerente da Universidade de Santiago, Javier Ferreira, e o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Marco Virgilio García Quintela, mantiveron unha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, na procura de desenvolver un plan que permita garantir canto antes a seguridade do edificio logo dos danos atopados na cara superior do forzado do baixo cuberta, na zona de depósito de libros sobre a sala de lectura principal da biblioteca. De forma inmediata, aínda que provisional, é preciso proceder ao traslado dos fondos bibliográficos aí aloxados.

Como se puxo de manifesto na xuntanza, trátase dunha intervención urxente que debe implicar como primeiro paso a descarga de peso para reducir o volume de libros almacenados así como o cambio de dirección dos andeis de acordo cun informe técnico elaborado recentemente para avaliar a situación dada a gravidade.

Esta actuación sería a primeira fase dunha intervención integral no conxunto da biblioteca, orzamentada en 6,78 millóns de euros, que garantiría a seguridade estrutural así como a mellora do comportamento enerxético destes espazos e a racionalidade de uso das estancias.

A xuntanza súmase ao chamamento realizado dende a USC a todas as institucións do Consorcio de Santiago de Compostela -Concello de Santiago, Xunta de Galicia e Goberno de España-, autor do Plan Director da Facultade que contempla a necesidade de acometer unha profunda reforma do edificio, afectado no só polo paso do tempo senón tamén por deficiencias estruturais que afectan a seguridade e a habitabilidade do edificio.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.