“A sede de sangue do vampiro é insaciable” – Manuel Domínguez

25 Maio 2024
O vampiro en cuestión e o autor do artigo

Quen non coñece a súa historia está condenado a repetila.

Pensamento do poeta, novelista e filósofo español Jorge Agustín Nicolás Ruiz de Santayana.

A Segunda Guerra Mundial empezou porque Hitler quixo recuperar unhas terras que perdera na I Guerra Mundial, comezou por Alsacia e Lorena, ninguén dixo nada, todos o permitiron, a fame de sede continuou e así invadiu toda Europa.

Hai dez anos Putin tomou Crimea, ninguén dixo nada se deixou facer e nese deixar facer por que non tomar Ucraína?, así que a por ela.

Agora na súa bondade franciscana di o tsar das rusias, o tsar que asasina aos seus opoñentes, asinemos a paz, permitindo que Ucraína ceda o terreo pedido nestas conquistas, e todo acontece ante a pasividade de Europa, a Europa feble e ante os USA, expertos en perder guerras.

Ante esta situación, as fértiles terras de Ucraína non son bastantes, Putin pode ter máis, ninguén se opón de forma tallante, así que.

Alarma nos países bálticos polo intento ruso de ampliar as súas fronteiras no Golfo de Finlandia.

O Ministerio de Defensa referíase especificamente a unha zona marítima ao sur das illas rusas no Golfo de Finlandia.

Os líderes de Estonia, Letonia e Lituania reaccionaron con cautela.

Dos 32 membros da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), seis teñen fronteiras con Rusia: os tres Estados bálticos (Lituania, Letonia e Estonia), así como Finlandia, Noruega e Polonia.

O Goberno ruso amaga con ampliar a extensión das súas augas territoriais no mar Báltico, próximas a Finlandia e Lituania —dous aliados da OTAN—. A proposta do Ministerio de Defensa para redibuXar as coordenadas dos seus límites marítimos e declarar augas mariñas interiores —é dicir, territorio nacional—.

Se ata o de agora se lle permitiu, por que non continuar?, ao fin de contas nin USA nin a OTAN axudaron a Ucraína a atacar chan ruso, por esta razón Ucraína ten todas as de perder, ao non transportar a guerra a chan ruso.

A historia ensínanos.

A sede de sangue dos vampiros é insaciable.

O neno chora e concédeselle o que pida para que cale, o ano que vén a mesma historia e cando é adulto, xorde o problema sabendo que chorar non é a resposta.

Aí a traxedia.

Vale a pena poñerse vermello un día, que colorado todos os días.

Talvez, eu faríao, é regalar o libro “O gardián entre o centeo”. Na espera que un ruso continuase a historia.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.