A Garda Civil investiga a dúas veciñas de Aguiño por presunto delito contra a saúde pública

22 Maio 2024

A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Noia investigou a dúas veciñas de Ribeira como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública. Os feitos ocorreron durante unha inspección rutineira de establecementos comerciais na comarca de Barbanza.

Mentres realizaban o seu servizo nun local de Aguiño, os axentes atoparon unha carteira de pel dentro dun microondas situado na cociña do establecemento. Ao inspeccionar a carteira, descubriron 19 bolsas termoselladas que contiñan un po branco, presumiblemente cocaína.

A Garda Civil procedeu á investigación das dúas responsables do establecemento como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública e levou a cabo a incautación das substancias atopadas para a súa análise e posterior procesamento xudicial.

Garda Civil

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.