“A Folla seca”. Antón Luaces

24 Maio 2024

Aprendendo da vida (III)

———————————

Aquela prostitución existente na Galicia do derradeiro terzo do século XX non é máis ca unha lembranza ingrata. Os bares de alterne daquela época están pechados. Na actualidade, o que foi o seu exercicio ten unha vía sumamente válida para os que demandan ou prestan o mesmo: as redes sociais e os pisos particulares e chalés da contorna das cidades. Todo isto fixo que mermara, e de que maneira, o beneficio que para os xornais significaban as páxinas de contactos, outro reclamo para aqueles precisados de determinadas urxencias.

Todo este proceso contribuíu notablemente a que, cando menos, os bares de alterne foran desaparecendo. Sen eles, os denominados “barrios roxos” ou “barrios chinos” deixaron de existir, do mesmo xeito que desapareceron as imaxes de mulleres de vida dura, pouco afeitas a tratar coa veciñanza, que cando xa non podían exercer a prostitución amañábanse como podían cos catro cartos que poideran ter aforrados. Mulleres en moitos casos enfermas, carentes de asistenza médica pública, que se deixaban ir pola costa abaixo da vida ata que ían parar a un asilo. Porque as mulleres que permaneceron nos barrios roxos de Galicia non dispuñan,na maiorìa dos casos, de medios econòmicos abondos para poder manter un nivel de vida máis ou menos aceptable. Entre elas, a maioría eran nos últimos tempos, brasileiras, españolas, nixerianas, colombianas, rumanas, dominicanas, portuguesas, paraguaias e marroquinas, cando anos atrás, españolas e portuguesas eran as encargadas de atender á clientela.

En Vigo chegaron a coexistir tres barrios chineses distintos nos que, ata o ano 2017, duascentas cincoenta mulleres supervivían entre os restos “gloriosos” de aqueles lupanares que tanto atraían sobre todos á xente de mar cando viñan de arribada ou cando rendían marea. Mais tamén eran buscadas por tripulantes de buques de pasaxe e buques.correo ou cargueiros que por horas atracaban neste porto. Todo este maremagnum de mulleres de tantos e tan dispares países, máis xoves e preparadas cas de hai 50 ou 60 anos, desenvolven hoxendía a súa actividade en clubs de alterne esparexidos polas estradas do perímetro cidadá. A diferenza de anos atrás, os mozos non atopan neste tipo de instalacións o atractivo que tiñan nos anos 50, 60 e 70 do século pasado. Tanto en Vigo como noutras cidades galegas había como unha especie de ritual polo que a cuestión iniciática ía da man de algún parente ou amigo do rapazote en cuestión. Xa máis adiante, ese mozo iría só ou en compaña dalgún amigo a compartir o tempo e o diñeiro con aquela muller -sempre maior ca el- que lle tocase en sorte ou que pudera pagar.

Ao igual que en Vigo, o porto da Coruña recibía con relativa frecuencia a visita de buques de pasaxe (así foi ata finais dos anos 60 do século pasado cando aínda existía emigración a América); pero tamén de buques de carga que, prácticamente cada dez ou vinte días atracaban nos peiraos do porto local. A súa tripulación libre de servizo e tal vez sen nada que os atase durante a estadía do barco no porto, buscaban nos tres puntos de “recalada” na cidade aqueles bares, clubs ou casas propiamente ditas de prostitución situadas estas no barrio do Papagaio, na rúa da Florida e na rúa do Orzán. Outros bares prestaban idénticos servizos pola súa conta e máis alonxados do centjro da cidade. Eran os que se denominaban popularmente como “puticlubs”, existentes asimesmo en localidades de menor número de habitantes e que se nutrían de clientes procedentes das mesmas vilas ou de aquelas próximas a estas.

En Lugo foi todo un referente en materia de prostitución o barrio “chino” da Tinería. As luces vermellas eran aquí como un atractivo complementario da actividade das denominadas “putas”. Un encamiñamento a este barrio roxo era a praza da Rinconada, preto da igrexa do Carme. Un lupanar, o de Luog, con moito menos balbordo nocturno cos citados de Vigo e A Coruña.

En Santiago de Compostela era un atractivo para o estudantado falar de ir “de putas” ao Pombal, un barrio céntrico e sombrizo ó que tamén se achegaban gandeiros que acodían ao couto de Santa Susana en días feirados. Un barrio de casas vellas, con tabernas de tres por catro das que, ata non hai moito, aínda quedaba a coñecida como “El Copas”, pero con funcións netamente distintas ás dos anos anteriores. O Pombal, ao igual que O Papagaio (A Coruña), perdeu toda aquela esencia noctámbula grazas ás novas construccións e comercios instalados en ambas as zonas.

O barrio da Mourería era, na cidade de Pontevedra, o santo e sinal da prostitución, onde reinaban mulleres que, levadas pola necesidade de seguir exercendo o su oficio trasladaron hai anos os seus lupanares á estrada vella a Vigo. Zona de pescadores e con moita sona, A Mourería chegou a ter, aló polos finais dos anos 40, unha vintena de bares de alterne. As autoridades clausuraron nos anos 50 esta actividade máis ou menos consentida ata entón, con grande sentimento por parte da cidadanía máis afeita á singularidade do barrio. Ourense perdeu hai anos a actividade que as mulleres desenvolvían nas rúas Pelayo e Cervantes, para se sircunscribiren á rúa traseira da Alameda. Hoxendía, o exercicio da prostitución na capitla ourensá lévase a cabo mediante contacto na rúa e citacións telefónicas, o mesmo que acontece en Ferrol, tras o abandono da zona do Ferrol Vello.

Na práctica totalidade das cidades galegas, a existenza destes lupanares e, polo tanto, da tarefa das mulleres que traballaban neles, era absolutamente consentida polas autoridades que, á súa vez, negaban a existenza de prostitución na España da posguerra. E tampouco a igrexa podía alegar descoñecemento por canto en case que todos os casos eran as igrexas os lugares que se citaban apara orientar a aqueles que ían na percura dos servizos das prostitutas. Sirva como exemplo O Pombal, en Santiago, coa catedral ou a igrexa de San Francisco moi pertas; ou na Coruña, coas igrexas de San Jorge, San Nicolás, capela castrense de Santo André e Capuchinas a carón dos bares de alterne. Ou o barrio chinés da Tinería, a un tiro de pedra da igrexa do Carme, en Lugo.

Dun ou doutro xeito, todo era consentido naquela España na que a igrexa procesionaba baixo palio ao xeneral Franco, caudillo de España por la G. de Dios.

Outros artigos

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...

+

“Paz profesional”. Alberto Barciela

En los primeros días de la Guerra Civil española, contemplando una parada militar en la rúa del Villar de Santiago, preguntaba un paisano a otro: “a ti que che parece todo isto?” El otro le contestó, “por un lado ti xa ves e polo outro, que queres que che diga?” A lo...

+

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

Se cumplen diez años del reinado de Felipe VI, el paso de los diez años se nota en su rostro, se nota en que las niñas crecieron, la heredera al tono, ya esta pasando por las fuerzas armadas, mas tarde complementara con otros estudios. La cosa, es la pregunta obvia,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...