A directora xeral de Xuventude enxalza a contribución de CONGALSA ao programa Mentoring, destinado a fortalecer a empregabilidade das mozas e mozos

21 Maio 2024

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, acompañou este martes 21 de maio a unha vintena de mozos e mozas nunha visita ás instalacións da empresa CONGALSA, na Pobra do Caramiñal, referente galego e estatal no sector da alimentación vencellada aos produtos do mar e da innovación, a transformación e a responsabilidade social empresarial.

A estadía de Meneses en CONGALSA encadrouse no programa Mentoring impulsado pola Xunta de Galicia co obxectivo de asesorar e formar a xuventude na súa transición á vida laboral tras rematar os estudos de grao ou Formación Profesional.

Na súa visita a directora xeral puxo en valor este programa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude pola a súa “importante contribución e valía” á hora de conseguir “mellorar a empregabilidade da xuventude”. Sinalou que a mocidade participante conta en todo o proceso cun equipo de titores que achega acompañamento e asesoramento, incluíndo visitas a empresas como a deste martes en CONGALSA “para coñecer de primeira man o funcionamento e dinámicas desta empresa de alimentos precociñados ultraconxelados que conta con 30 anos de historia”.

Así mesmo, este programa desenvolve iniciativas, como xornadas de networking ou encontros con mentores de empresas dos sectores profesionais aos que os participantes se queren dedicar.

Lara Meneses explicou que as visitas ás empresas son “parte fundamental” deste programa, do que lembrou que xa vai pola quinta edición e do que destacou que xa teñen pasado “1.200 persoas mozas cun exitoso resultado de inserción laboral”.

“Con estas visitas o que se busca é achegar os participantes ao tecido empresarial galego, proporcionándolles información práctica sobre os sectores profesionais do seu interese”, valorou a directora xeral da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, quen tamén agradeceu a CONGALSA a súa participación no Programa Xuventude Mentoring desde un principio.

O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo na Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 80%, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o período 2014-2020.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.