A Deputación celebra o Día de Europa con actividades nos concellos para achegar os valores e políticas da UE a toda a cidadanía da provincia. Rianxo e O Son entre eles

08 Maio 2024

EUROPE DIRECT A Coruña celebra o Día de Europa con varias actividades programadas para o 9 de maio para difundir o coñecemento da Unión Europea entre a cidadanía da provincia. Para acompañar esta celebración, o Pazo Provincial da Deputación da Coruña iluminarase de azul dende a media noite do 9 de maio.

O centro de información oficial da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña convida a descubrir os valores e as oportunidades de Europa co espectáculo ‘A Maxia de Europa’, unha actividade que levará durante o mes de maio os valores, símbolos e oportunidades da Unión Europea a seis concellos da provincia adheridos á rede Europa no teu Concello. O espectáculo itinerante ‘A Maxia de Europa’ percorrerá Rianxo, Carral, Vedra, A Laracha, Pontedeume e Narón entre o 7 e o 15 de maio.

O contacontos ‘Coñece Europa con Kalopsia’ é outra das actividades que chegará á rede Europa no teu Concello durante a semana de Europa. Esta sesión de narración oral explica ao público infantil dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da UE. Na semana de Europa visitará os Concellos de Padrón, Dumbría e Lousame.

Tamén continúa a súa itinerancia pola provincia ‘Experiencia Europa’, unha mostra interactiva que ten como obxectivo facer partícipe a toda a cidadanía da relevancia da transición dixital en Europa. Os visitantes aprenderán, utilizando modernos dispositivos multimedia, como funciona a Unión Europea e como inflúe na súa vida diaria. A exposición pódese visitar na Casa da Cultura do Concello Porto do Son ata o 13 de maio e, a partir desa data, na Casa da Cultura do Concello de Negreira.

Entrega de premios Cidadanía Europea en Galicia e Embaixadorxs Destino Europa

Na mañá do 9 de maio, o Pazo Provincial acollerá as entregas de premios dos dous concursos que EUROPE DIRECT A Coruña organizou cara o Día de Europa. Os premios da undécima edición do concurso de fotografía Cidadanía Europea en Galicia, que este ano tiña por lema ‘Europa cerca de ti’, entregaranse ás 9 horas.

Nesta edición acadou o primeiro premio Andoni Urresti coa súa fotografía “Cúpula de Estrellas: Un susurro de unidad”, unha imaxe tomada na antiga cisterna do castelo de Liubliana e pola que recibirá unha cámara de fotos. En segundo lugar, quedou a fotografía “Arte e movemento”, de Malena Casal, que simboliza a liberdade de circulación das persoas en Europa. Recibirá un tablet como premio.

No segundo acto do día, que comezará ás 13.00 horas, EUROPE DIRECT A Coruña fará entrega dos bonos de interrail que gañaron os e as participantes na campaña Embaixadores Destino Europa, unha iniciativa do centro para difundir as oportunidades europeas para a mocidade en redes sociais.

Os membros do ClubUE (Alberto López, Tania Aguiar, Laura López, Lara de la Iglesia, Sara Figueroa, Marcos Hernández, Teresa Maroño e Natalia Fraga) compartiron 160 publicacións e historias durante tres semanas dende as súas contas de Instagram para difundir os programas e iniciativas da Unión Europea para a mocidade. Os participantes que cumpriron cos requisitos do concurso recibirán o Día de Europa un Interrail Global Pass que permite viaxar en tren por Europa.

EUROPE DIRECT A Coruña é un centro de información oficial da Comisión Europea que pertence á Deputación da Coruña. A misión do centro, que iniciou a súa traxectoria no ano 1996, é traballar coa cidadanía, os medios de comunicación e as entidades locais cos obxectivos de implicar á poboación en temas europeos, así como proporcionar contidos sobre as políticas e as prioridades da UE. Tamén axudar á Comisión Europea a adquirir unha visión xeral das sensibilidades locais relacionadas coas súas políticas e promover a cidadanía europea activa nas escolas.

Para información complementaria, pódese contactar a través do correo electrónico europedirect@dacoruna.gal, ou ben, no número de teléfono 981 080 331.

Outros artigos

Xoves 10, chuvascos diminuíndo cara a noite e lixeira baixa térmica

Na xornada do xoves agárdanse intervalos nubrados con chuvascos intermitentes, máis frecuentes no oeste pola mañá e no interior nas horas centrais do día, remitindo cara á noite. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso. Os ventos soprarán frouxos,...

+

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

Achan cadáver flotando no mar en Rianxo

Esta tarde, ao redor das catro, foi localizado o cadáver dun home flotando no mar, á altura de Punta Abuín, na desembocadura del Río Ulla, na parroquia de Leiro. Aínda que aínda falta a confirmación oficial, sospéitase que podería tratarse de Félix Triñanes Sánchez,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...