Xoves pequena tregua nas choivas á espera de novas frontes. O sol regresa a partir do martes da próxima semana

03 Abril 2024

O xoves teremos ceos nubrados onde non se descarta algunha chuvia feble á primeira hora Pola noite unha fronte entrará polo comarca deixando precipitacións de intensidade moderada máis probables ó oeste da provincia da Coruña. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente 14/19 graos. Os ventos soprarán de compoñente sur fortes.

meteogalicia

O prognóstico avanza a chegada de novos frontes sobre todo o sábado e luns. Haberá que esperar ata a próxima semana para que regrese o sol e empecen a subir as temperaturas.

O noso mar: Vento do sur, forza 4 a 6 á mañá, 5 a 6 á tarde e 6 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.