“Tremor nas canaveiras da Ameixida”. Antón Luaces

03 Abril 2024

Houbo un tempo no que, diariamente, de luns a venres, circulaba en bicicleta pola estrada Ribeira-Ameixida e, ao chegar á curva de entrada á este lugar do municipio, sempre me sorprendía pola canaveira alí existente: espesa, cantareira (pola brisa ou polo vento), brilante no seu verdor e cun non sei que parente lonxano da cana de azucre que, cando de  neno vivía en Las Palmas de Gran Canaria, zugaba da cortadura que nela practicaba a vendedora ambulante que se instalaba a cotío perto do colexio Padre Manjón ao que eu ía.

Cando descubrín estas  canaveiras  da Ameixida, comecei a me fixar moito màis nesas especies de illas caribeñas -a min  parecíanmo as  canas todas xuntiñas, abaneando nun baile ao son cubano de Machín- e no  tardei en descubrir outras que había na mesma estrada, a  carón das gavias desta, en Castiñeiras, na estrada a Aguiño (pouco antes do cruce coas estradas a Carreira e O Vilar), perto da fonte existente pouco antes de chegar a Carreira... E p​ola contorna, perto da capela de Santo Alberto; a escasos metros do depòsito de auga das Casas Baratas de Ribeira; en Fondevila, Deán Grande, Palmeira, Corrubedo, Oleiros, o río do Ameneiro… Eran unha chea de illotes verdes que bailaban “a Chamberlona” nas tardes de nordés e que, anos máis tarde tiven a oportunidade de relembrar en Camagüey, Las Tunas, Guantánamo, Ciego de Ávila, Matanzas, Santiago, onde vin aos cubano prantar a sacho a  cana nova en inmensidades de terra roxa da que en setembro, en plena zafra, os cubanos e as  cooperativas agrarias tirarían un  rendemento económico imposible de acadar nas  canaveiras ribeirenses que, evidentemente, nen eran de azucre nen valor algún tiñan sequera, de non ser o mero adorno.

Dende aquela teño o runrún das canaveiras perdidas no territorio de Ribeira: nunca souben por que existían e tampouco sei por que desapareceron. Mais estar, estaban. Como estaban e están eses inmensos rochedos -moitos deles faceno as veces de paredes de casas- que, para min, son unha especie de testemuños dun tempo  pasado no que, probablemente, estiveron cubertos polo mar. Non teño evidencia certa deste pensamento, máis tampouco rexeito tal posibilidade. Ou é que nas noites de trebòn non se escoitan as campás da aldea de Valverde, convertida en lagoa e asulagada por un deus temible que castigou aos seus habitantes desa maneira?…

Ás veces, fantasear libera a un para se deixar polo mar abaixo cara a bocana da ría de Arousa, por onde entraba o orco para asustar aos que non soñaban.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.