Artes (Ribeira) acollerá os vindeiros 10 e 11 de maio a primeira edición do Bruón Folk Fest

09 Abril 2024

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e os concelleiros Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron este martes 9 de abril, xunto a Pablo Silva e Ventura Otero, da asociación Os Liantes, o primeiro festival folk que se celebrará o vindeiro mes de maio na parroquia de Artes. O Bruón Folk Fest, organizado pola asociación cultural Os Liantes en colaboración co Concello de Ribeira, celebrará a súa primeira edición os vindeiros 10 e 11 de maio no Centro Recreativo de Artes.

O nome do festival, segundo explicou Ventura Otero, fai referencia á lenda do Boi Bruón, que quedou atrapado nunha vila asolagada no Carregal. “Neste festival non só vai ter cabida a música, senón tamén a poesía e actividades para tódalas franxas de idade, intentando que sexa unha experiencia inmersiva para toda a familia”, sinalou Otero, poñendo o foco na colaboración coa tiktoker Prado Rúa que axudará coa difusión do propio festival.

A concelleira de cultura, Antía Alberte, destacou a elección de enmarcar este festival no mes das Letras Galegas, ampliando así a programación cultural do Concello. “Imos incorporar o micro aberto para todo o mundo que queira participar, e queremos contar con artesáns galegos para que tamén teñan presenza neste festival”. Pola súa parte, o concelleiro Suárez-Puerta explicou que o festival “é froito do noso propósito de levar a cultura e a arte a tódalas parroquias, poñendo en valor a nosa tradición”.

O venres día 10 inaugurarase o festival cunha mesa redonda sobre a lenda do Boi Bruón, para posteriormente rematar cunha foliada libre na que participarán grupos de toda a comarca do Barbanza. Para a segunda xornada do día 11 están programadas as actuacións de varios grupos como Boroa, Isidro Vidal, as Maianas ou Habelas Hainas. “Tamén haberá actividades paralelas como exposicións de pintura de artistas locais e sesións de micro aberto” explicou Ventura Otero.

“Con este festival folk pretendemos descentralizar as actividades culturais do Concello e por en valor a música do noso país; e que mellor que facelo nunha parroquia rural como é Artes, cunha longa tradición musical”, concluíu o alcalde Luís Pérez.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.