“Poñer prezos aos barcos en plena agonía do sector pesqueiro” – Antón Luaces

04 Abril 2024

Dende vai algúns anos percorre os portos galegos o que sempre entendín coma un  falar por non estar calados, ou porque non hai outra cousa que dicir sobre o futuro (desta vez inmediato, disque) da pesca galega. Unha outra versión do clásico popular “predícame, frade, que por un ouvido me entra, e polo outro me sae”.

Pero é máis serio ca todo o dito: son moitas as voces que, a día de hoxe, convidan aos armadores de cerqueiros e arrastreiros de litoral a vendelos dadas as escasas ou nulas expectativas de futuro para este tipo de frota.

“Poñédelle prezo aos barcos” é a frase que máis se pronuncia nos encontros ou xuntanzas de armadores que, máis ou menos circunstancialmente, se producen nas últimas semanas, incluso meses, na comunidade autónoma galega.

Dicíamo a media mañá deste xoves, un coñecido armador da Costa da Morte, propietario ata hai ben pouco tempo de catro barcos e actualmente con só dous deles na empresa pesqueira por el posta en pé vai 40 anos.

Son moitas as queixas que se escoitan no sector pesqueiro a este respecto. E ninguén se explica o por que desta situación na que o pescador é sempre quen máis  perde. Porque, argumentaba o armador, “resulta evidente que a xente compra e come peixe, un peixe que pescamos nós polos nosos propios medios. Pagamos seguros, consumos, licencias, taxas portuarias, etc., e o peixe que vendemos a 20 céntimos o quilo, temos que pagalo 300 ou 400 veces máis caro se queremos comelo na casa comprado nunha peixaría. Quen tira beneficios da pesca, quen fixa os presos desta?. E por riba, non tes xente coa que conformar unha tripulación mínima, exposto sempre a sancións”.

A pregunta, sen resposta: quen se beneficia da pesca?. Os mariñeiros láianse polo baixo salario, aos armadores non lles é rendible a empresa, as administracións ollan cara á UE, a UE reducen ao mínimo as posibilidades de pesca dos Estados membros. Estamos, verdadeiramente, dando apoio a un sector do que en Galicia, viven máis de 4.000 familias que só dependen del?.

Poñemos, ,definitivamente, prezo aos barcos para que os exploten outros?.

Estaremos liquidando de vez o sector pesqueiro?.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.