Os perigos do sol na pel centran unha charla este xoves no Centro Social de boiro

01 Abril 2024

O Centro Social de Boiro acolle este xoves 4 de abril unha charla sobre os perigos dunha exposición prolongada aos raios solares sen a protección axeitada, un hábito de risco que pode carrexar aínda maiores consecuencias co aumento das temperaturas motivado pola crise climática e coa diminución da capa de ozono (e o aumento dos raios ultraviolenta). Trátase dunha actividade abeirada ao ciclo Muller e Saúde, impulsado polo Concello de Boiro coa colaboración de Mulleres Salgadas. A charla dará comezo ás 17.30 horas e desenvolverase baixo o epígrafe Dano solar na pel, como actúa un protector solar e a necesidade de elixilo ben.
Inscricións no CIM de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1285.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.