Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira recibiron ás 17:45 horas da tarde de onte, luns 15 de abril, dun vertido de diésel no medio da praza Cantón de Leña, no concello da Pobra do Caramiñal.
O combustible, derramado por un vehículo sen identificar, foi limpado polos bombeiros desprazados con auga e desengraxante.
O operativo contou coa participación da Policía Local da Pobra do Caramiñal.




