O vindeiro 13 de abril celébrase en Rianxo a segunda edición do certame Vai de Bares

07 Abril 2024

A Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda, coa colaboración da Área de Cultura do Concello de Rianxo, presentou o cartaz da segunda edición do seu festival Vai de Bares, que se celebrará o vindeiro 13 de abril a partir das 20.00 horas. A axenda arrincará cun ruada nos bares (un pasabares) e ao rematar o periplo musico-hostaleiro celebrarase unha foliada libre con todos os grupos convocados na praza de Castelao.

Participarán as seguintes agrupacións: Son da Illa, Nunca é tarde, A Dorniña de Abanqueiro, Os Ghaitas Blue, Lumieira, Os da Bonia, Río de Anxo, Fogo Fatuo, Arrancadeira, Troula da Barquiña, Son de Gaita e Vai de Roda.

Os establecementos participantes son os que citamos de seguido: Berberecho, O Vilar, A Motora, Refuxio, Guadalupe, Gallaecia, Castelao, O Paseo, Roxerius, O Costillar, Toskana e Saraiba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.