“O tren que non leva” – Xulio Xiz

09 Abril 2024

Na Radio Galega Música, a diario escoito O tren, na voz de Andrés do Barro ou un seareiro, sendo das poucas cancións en galego presentables que emiten onde non existen Xoán Rubia, Miro, o Fuxan histórico, A Quenlla ou Juan Pardo. Que se soa Anduriña, é en voces discípulas do seu creador.

Penso no tren, cada vez máis esquivo para Lugo, que se noutras terras é medio de transporte, a nós quédanos lonxe, agardando futuros impredecibles. Ao tren sepultouno a motorización masiva que experimentamos a partir dos anos sesenta e que, por mobilidade e economía, nos ensinou que o mundo das estradas radiais era o propio para a xeografía peninsular, coa política de que para xuntar os extremos hispanos había que pasar por Madrid.

Lembro a miña primeira viaxe en tren, moi neno, empeñado en ver o mundo movéndose, coa escotilla aberta e a conseguinte “carbonilla” nos ollos, na boca, no corpo, invadíndome. Moito tempo despois, nos oitenta, desde o Concello lucense organizamos unha viaxe en tren de Lugo a Monforte con varios centos de nenos dos colexios en multitudinaria algarabía, onde fomos informados dos avances conseguidos no tren ata daquela. Mágoa que. á volta, tamén é mala sorte, o tren cansou no Tunel de Oural – xa este túnel tiña unha rúa en Lugo !?– quedando tirados, illados, no interior do túnel, tendo que saír a pé pola vía para tratar de comunicar o noso naufraxio subterráneo.

Agora, preténdese que volvamos crer no que non vemos para que lle demos uso ás vías que no seu día trouxeron o progreso. Tal como están deixando que se estrague a autovía que serviu para soñar modernidades, é posible que acaben conseguíndoo. Cabreados xa nos teñen.

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.