O Museo Valle-Inclán acolle o día 12 a presentación de “Da caverna a acrópole”, de Ciro Briones

03 Abril 2024

O Museo Valle-Inclán da Pobra vai acoller o vindeiro 12 de abril, ás 20.30 horas, a presentación do libro Da caverna a acrópole. Un camiño cara a educación crítica, de Ciro Briones. Trátase dun acto organizado pola Asociación Cultural Barbantia, a Libraría LER, a Universidade de Vigo e máis o Concello da Pobra da Caramiñal. Intervirán, ademais do autor, Xesús Laiño (AC Barbantia), Ana Fernández Soneira (Departamento da Lingua Española da UVigo), Jorge Luís Bueno (Director do Servizo de Publicacións da UVigo) e Patricia Lojo (concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal).

Ficha do libro

Da caverna a acrópole. Un camiño cara a educación crítica confórmase como un ensaio que achega a filosofía á educación, establecendo como premisa a necesidade de desenvolver o pensamento crítico para acadar a plenitude dos valores e das capacidades da ensinanza. Indagando nas posibilidades que ofrece a filosofía como materia, esta obra busca reafirmar un lugar actual onde poida servir ao desenvolvemento crítico do alumnado.

A través dun camiño cheo de preguntas que percorre en clave poética, este ensaio unifica o ser e as súas expresións con pensamento e a educación; ampliando a mirada sobre a realidade, indagándonos autores e autoras referentes do pensamento e aportando interesantes propostas educativas. En definitiva, este libro é un vínculo entre filosofía, ensinanza e realidade, tratando de espremer as posibilidades da escola e reivindicando a conciencia persoal e social como parte das formación educativa.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.