O Museo do Gravado inaugura este venres a súa mostra de homenaxe a Conde Corbal: “O fardel da guerra”

04 Abril 2024

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) inaugura esta semana unha nova exposición: O fardel da guerra, centrada no artista galego Xosé Conde Corbal. Con esta nova iniciativa, o Museo quere render homenaxe á importante contribución artística de Conde Corbal. A mostra ábrese ao público este venres 5 de abril ás 20.00 horas, na Sala 1 do Museo do Gravado. Contarase coa presenza do presidente do padroado do Museo e alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e máis do director do Museo, Pastor Rodríguez.

O fardel da guerra (1936-1986) é un dos máis relevantes traballos de Xosé Conde Corbal (Pontevedra 1923 – Vilagarcía de Arousa, 1999), un artista cunha vida e unha obra marcada polo contexto cultural da posguerra e pola memoria da cultura galeguista anterior á Guerra Civil.

Desde o punto de vista formal, Xosé Conde Corbal participa dunha figuración marcadamente expresionista, unida a un sentido narrativo e visual que lembra a ilustración gráfica, visíbel na serie dedicada á Guerra Civil que vai presentar o Museo do Gravado na súa integridade, mais que tamén se pode percibir noutras obras do artista como as dedicadas a ilustrar pezas de Valle-Inclán ou a evocar o mundo da Xeración Nós.

“Estes traballos”, explican dende o Museo do Gravado, “manteñen unha intensa calidade como obras individuais e ao mesmo tempo transmiten a impresión de seren propias dunha publicación literaria ilustrada cun debuxo dinámico e planimetría cinematográfica; un traballo requintado con trazos expresionistas, debedor das imaxes do cinema europeo e americano e apoiado nas referencias textuais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.