“O gran perdón, en Airapadrón”. Luís Celeiro

04 Abril 2024

Foron dos primeiros da contorna en saber  que a formación e a aprendizaxe eran
convenientes para os homes e mulleres do mundo. Tamén para aqueles que naceran no
rural de Galicia, nas casas aldeás abundantes, ricas e pobres ao mesmo tempo. Algúns eran
fillos de mariñeiros e outros, os máis, fillos e fillas de labregos, que saíron da casa na
procura de coñecemento e do saber, tan necesarios, naqueles anos setenta como hoxe,
neste mesmo século XXI, caracterizado pola abundancia da tecnoloxía, da informática e da
telemática. Abundancia en todo e tamén en nada.
Foron dos primeiros, dicimos, en ver o Centro no que estudaban en Lugo, convertido en
Instituto Politécnico Nacional. Foi grazas ás súas instalacións e grazas á diversidade de
ramas e especialidades que se impartían e que proporcionaban vías de futuro para a
mocidade que tiña que andar, aprender, formarse e traballar para seguir aprendendo.
Un grupo daquela mocidade, da promoción de 1975, reúnese cada ano para festexar a
amizade, o compañeirismo e repasar o acontecer. Farano dende a altura, dende o Alto de
Airapadrón (Samos) e comerán viandas das nosas, naturalmente, saborosas.
Achegaranse dende onde están, por toda Galicia e fóra dela. Como viñeran de fóra, a
principios dos setenta do século pasado, a aquela Escola de Mestría Industrial, o Madriles,
Mouronte, o Aspirino e outros co seu nome e apelido. Todos estudantes e traballadores que
seguiron avanzando e construíndo un universo de amplas miras.
Dedicáronse á política e fixérono ben, traballaron todos eles co aprendido e tamén lles foi
ben. Moitos  compaxinaron (como se facía daquela) o traballo cos estudos universitarios e
tamén lles foi ben, incluso, moi ben. Agora andan nas lembranzas, gozando do que teñen,
das amizades que manteñen, da liberdade que posúen, da saúde que coidan e dos contos
que se contan.
Sementaron nos labradíos por onde andaron. Eran de falar galego (o que sabían) e seguen
na mesma, zumegando solidariedade, esixindo igualdade, reivindicando respecto aos
dereitos e reclamando xustiza social e mérito para os iguais. Como recorda a Tía Manuela,
“Deus críaos e eles xúntase”. Desta vez farano o sábado (6 de abril de 2024) e Moncho,
Fidalgo de Penaxubeira, estará alí coa batuta, en Airapadrón, onde se gaña o gran perdón.
Os veteranos saben que agora é outra cosa. A ensinanza vai por módulos que parcelan o
saber e fomentan o aprender por programas formativos básicos, por familia profesional e
ciclo formativo e faise oferta de programas por provincias e concellos. É difícil, moi difícil
entender a oferta, para comprender o o seu propósito e os resultados prácticos da mesma.
Os pais queren que os seus fillos aprendan e saiban, que traballen, que maduren e medren.
Se pode ser, que se acheguen e agarren coas mans o infinito.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.