O exercicio terapéutico baseado no tai-chi chega ao rural da Pobra

09 Abril 2024

A veciñanza do rural da Pobra do Caramiñal poderá desfrutar de novas propostas de balde que lle achega a Concellaría da Participación Veciñal. Á creación dun xardín veciñal no centro sociocultural da Ribeiriña súmase agora o exercicio terapéutico baseado no tai-chi, que tamén se desenvolverá no do Vilariño.

O fisioterapeuta Sergio García será o encargado de impartir estas clases aos mércores, ás 19.00 horas, no Vilariño, mentres que na Ribeiriña serán aos xoves, ás 10.00 horas. Nas palabras da concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, esta novidade busca “contribuír ao benestar emocional e físico das persoas participantes mediante movementos suaves e moderados con numerosos beneficios para a saúde, como a redución do estrés e a mellora do equilibrio, por poñer uns exemplos. Para iso, aplícanse técnicas de respiración abdominal, concentración e relaxación. Pero estas aulas tamén serven como un espazo onde socializar. Esta actividade adscríbese á axenda que deseña a Concellaría da Participación Veciñal para dinamizar os nosos centros socioculturais e que a cidadanía de todo o municipio desfrute de propostas de lecer preto das súas casas.”

Tamén interveu o propio instrutor da actividade, quen manifestou que se pon o foco na vertente terapéutica desta práctica que une mente e corpo mediante exercicios de respiración, equilibrio, postura e relaxación.

As aulas comezarán na cuarta semana do mes de abril e estenderanse ata decembro, cunha duración dunha hora, agás nas primeiras sesións, que serán de noventa minutos para ir adaptándose á dinámica.

Existe un límite de dez prazas por grupo. As inscricións tramitaranse a través do enderezo electrónico participacionvecinhal@gmail.com. É preciso indica-lo nome, os apelidos, o DNI, o teléfono de contacto e o grupo ao cal se sumar.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...