O director outense Alberto Sacido proxecta este sábado na súa terra o documental sobre a figura de Suso de Toro, “Suso. Fóra de lugar”

25 Abril 2024

Este sábado 27 de abril, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura de Outes acollerá a proxección do documental Suso. Fóra de lugar, centrado na figura do escritor compostelán Suso de Toro.

Contarase coa presenza do propio autor e máis do director do documental Alberto Sacido, veciño de Outes. Ambos participarán tamén no coloquio que se fará ao remate da proxección do documental.

A proxección da peza, da que se encargará a produtora Culturactiva, faise coa colaboración da Deputación da Coruña.

Segundo informan dende Culturactiva, Suso. Fóra de lugar é un filme de Alberto Sacido no que o escritor Suso de Toro revisa o seu camiño nas marxes, nunha conversa constante que o leva a revisitar os seus inicios, os seus modelos e proxectos literarios, os obstáculos na súa carreira, a súa militancia política, e o abandono e posterior regreso á súa profesión de escritor. “Trátase dunha peza audiovisual que non só se fai un repaso pola vida do escritor compostelán, senón que ademais se presenta o encontro con 26 persoas e colectivos cos que Suso de Toro compartiu as conversas que van construíndo o documental e que reflexionan sobre o seu traballo, a súa vida e as dificultades de ser escritor galego, tanto dentro como fóra de Galiza”, explica a produtora, lembrando que se trata da segunda longametraxe na que participa Alberto Sacido, que en 2014 presentou Unitarias, un documental que reconstrúe a historia das escolas do rural de Galicia a través da vida do seu pai, un mestre que empezou traballando nestas escolas nos anos 60. Mediante as súas experiencias, o documental presenta os cambios que tiveron que asumir xuntos profesorado e alumnado durante o último medio século.

A produción de Suso. Fóra de lugar contou co apoio fundamental de Culturactiva S. Coop., a entidade que proveu de recursos e asistencia técnica para facer posible a súa realización. A coprodución é de Danga Danga e a Postprodución de Arraianos.

Pola súa banda, este documental recibiu financiamento para a postproducción da Deputación da Coruña dentro da convocatoria de Proxectos Singulares do 2023, apoiando tamén a xira de presentación deste documental.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.