O Concello de Ribeira inicia as obras de saneamento e pavimentado en Sirves

04 Abril 2024

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e os concelleiros Xabier Vidal e Tania Redondo visitaron este xoves 4 de abril os traballos para dotar de saneamento e pavimentado ao núcleo de Sirves (Olveira), nos que o Concello está a investir máis de 70.000 euros.

Segundo explicaron respecto dos obxectivos deste proxecto, no lugar de Sirves “existían tres camiños con un firme moi deteriorado, polo que se procedeu á súa pavimentación para que se poida circular polos mesmos en condicións seguras”. Ademais, sinalaron, “en dous camiños non existía rede de saneamento, polo que se instalou unha liña de 390 metros para proporcionar este servizo á veciñanza do lugar”.

“Dende o equipo de Goberno seguiremos traballando para proporcionar estes servizos básicos en tódalas parroquias e lugares que o precisen”, afirmou o alcalde Luís Pérez, engadindo que “a pavimentación e o saneamento son elementos fundamentais para o desenvolvemento sustentábel e a mellora da calidade de vida nas parroquias”.

Por outra banda, tamén informaron do inicio dos traballos para mellorar a estrada da Revolta, que está a ser acondicionada pola brigada de obras municipal para facilitar a circulación de vehículos.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.