O Concello de Rianxo reparte trampas contra velutinas e organiza xornadas informativas para pórlles freo

16 Abril 2024

O Concello de Rianxo continúa coa campaña contra a proliferación da avespa velutina e faino con diversas iniciativas que teñen un obxectivo común: frear a presenza deste perigoso insecto que pon en risco a supervivencia das nosas abellas, xa que son, como se ten constatado en moi diversas ocasións, un dos seus principais alimentos (acabando con colonias enteiras das abellas).

Así, despois da xornada formativa celebrada a pasada fin de semana na parroquia de Asados, na que tamén se repartiron trampas e material atraínte, o domingo 21 de abril terá lugar unha nova sesión no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro.

Tal e como sinatou o Concelleiro de Obras e Medio Ambiente, Alberto Angueira, “trátase dunha medida pensada para favorecer a erradicación desta praga, que está a prexudicar gravemente á abella autóctona e que xera situacións de alarma entre a poboación pola súa rápida proliferación.”

Angueira recordou, porén, que de non padecer alerxia, as velutinas non teñen por que ser máis perigosas que unha avespa normal, pero si máis agresivas, polo que sempre se recomenda gardar as distancias e chamar ao Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012 da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.