O Concello de Rianxo e a Fundación Cibervoluntarios achegarán aos maiores de todas as parroquias ás posibilidades dos móbiles

10 Abril 2024

A concelleira de Política Social de Rianxo, Ana Vidal, presentou na mañá deste 10 de abril un ciclo de obradoiros sobre o uso de aplicacións móbiles que se desenvolverán durante os vindeiros meses destinados a persoas maiores, co obxectivo de garantir a súa plena capacitación tecnolóxica e permitir que desfruten das posibilidades que estes dispositivos e as súas principais ferramentas de uso común poñen ao seu dispor.

Os obradoiros, que se realizan grazas a un convenio entre o Concello de Rianxo e a Fundación Cibervoluntarios, impartiranse en cada unha das parroquias do municipio entre o 24 de abril e o 27 de xuño.

Inscricións e información: 664 185 489.

Nos cursos, gratuítos para a veciñanza, as persoas participantes aprenderán a navegar con seguridade e confianza por internet e a empregar o seu teléfono móbil ou tableta para comunicarse por vídeo-conferencia, facer xestións co seu banco, pedir unha cita médica, mercar online ou aproveitar o seu tempo de lecer na Rede.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.