O Concello de Outes celebra o 17 de maio a súa XV Carreira Pedestre (inscricións abertas en cronotec.es)

09 Abril 2024

O Concello de Outes vai celebrar o 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, a XV edición da súa Carreira Pedestre. A convocatoria, segundo informa a Área de Deportes municipal, comezará ás 10.00 horas con saída e chegada na praza de Galicia (en fronte ao Campo de Fútbol). Haberá todo tipo de categorías (dende chupete até veteranos) e as inscricións poden facerse xa na páxina web cronotec.es, onde se achega tamén toda a información que podemos precisar sobre esta proba deportiva, ao igual que en outes.gal.

Distancias e horarios

10 quilómetros ás 10.00 horas

3 quilómetros ás 11.30 horas

1 quilómetros ás 12.00 horas

Menores a partir das 12.20 horas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.