O Concello de Muros realiza unha visita guiada polo centro histórico para os hostaleiros locais

18 Abril 2024

O Concello de Muros levou a cabo esta semana unha nova iniciativa de dinamización: unha visita guiada e comentada polo centro histórico da vila na que participou unha nutrida representación do sector hostaleiro local.

“Eliximos a noite do luns porque é un bo día para a hostalería e a resposta foi moi boa, con máis de 40 persoas na visita”, explica a alcaldesa de Muros, María Lago.

Na visita guiada, as persoas asistentes repasaron algúns dos datos históricos e culturais máis importantes do casco histórico de Muros, unha información que posteriormente poden trasladar aos seus clientes.

“Agradecemos a receptividade do sector ante esta e outras iniciativas, apoiando a aposta do Goberno local por un modelo de turismo sustentábel”, engadiu a alcaldesa, quen sinalou que a colaboración entre o Concello e a hostalería de Muros continuará nos próximos meses con diferentes iniciativas e actividades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.