
O Concello de Muros acolleu este martes a presentación do VIII Duatlón Eleuterio Balayo, que será ademais o Campionato Xunta de Galicia Supersprint nas categorías cadete, xuvenil e júnior.
“Unha proba que sempre ten moi boa acollida e lembra ao noso veciño Eleuterio, que tanto apoiou o deporte no noso concello”, afirmou María Lago, alcaldesa de Muros.
“Un ano máis, Muros será este sábado a capital do duatlón galego”, manifestou o concelleiro de Deportes, Damián Torea.
Juan Carlos Ageitos Sampedro, delegado comarcal da Federación Galega de Triatlón, destacou “a calidade do circuíto e o nivel dos e das atletas que competirán este sábado en Muros”.



