O Concello de Boiro saca a licitación os postos vacantes no mercadiño semanal dos martes

09 Abril 2024

O Concello de Boiro vén de sacar a licitación a adxudicación das autorizacións para a ocupación do dominio público dos postos vacantes do mercadiño municipal de Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Formación, Emprego e Comercio, Roberto Lojo, deron a coñecer os detalles da licitación durante unha visita á contorna dos postos de venda.

En total sácanse a licitación 15 postos entre os que se atopan dous de alimentación, tres de froitas e verduras, tres de complementos, seis de téxtil e calzado e un de plantas. “Con esta nova adxudicación de postos imos encher a totalidade de ocos baleiros que foron quedando no mercadiño dende o seu traslado á avenida da Constitución”, afirmou o concelleiro, Roberto Lojo.

As persoas interesadas en presentar a súa proposta para formar parte deste proceso de licitación deberán facelo a través do Rexistro Xeral do Concello de Boiro, de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas. O prazo para presentar as propostas de adxudicación está aberto dende hoxe e por un período de 15 días naturais.

“O mercado ambulante é un dos principais polos de atracción do noso comercio e, con esta nova adxudicación de postos imos dar resposta ás demandas dos comerciantes así como seguir contribuíndo á dinamización do comercio local e a promoción económica do municipio”, afirmou o alcalde, engadindo que “o espazo do mercadiño seguirá a ser o mesmo, que ocupa a avenida da Constitución no tramo comprendido entre a rúa Norberto Pijuán e a estrada de Abanqueiro, de maneira que para a ampliación dos postos non se van facer alteracións nin no tráfico nin nas zonas de estacionamento”.

Os pregos, cláusulas administrativas e toda a información para participar neste proceso de licitación están dispoñibles na páxina web municipal (www.boiro.gal).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.